martes

A VISITA DE TAMARA


Para axudarnos co proxecto veu falarnos Tamara Rey,  astrofísica e exalumna do colexio.
A visita fíxonos moita ilusión tanto ó alumnado coma o profesorado e gozamos coas suas explicacións do complexo e curioso  universo, das estrelas e dos planetas.

Tamén pasou por "Radio Carcamán" e fixemoslle unha entrevista para que todo o alumnado do cole e toda a Arousa puidese escoitala.

xoves

FACENDO O SISTEMA SOLAR

 Logo de investigar e facer os seus traballos por grupos, os nenos e nenas de 3º A viñeron á biblioteca para facer os planetas e poñer en práctica todo o que sabían.
 Misturando a plastilina acadaron as cores que precisaban e cubriron as esferas con ela.
 Non é un traballo fácil!
 Mirade que ben coordinado está o equipo do "Planeta Terra".
 E aquí están Neptuno e Júpiter collendo forma.
 Os seus traballos formaran parte da ddecoración da biblioteca, pasade a ver o ben que quedaron!!!

luns

A AULA DAS ESTRELIÑAS

 Os nenos e nenas de tres anos teñen unha aula moi espacial. Os grupos nos que está organizada a aula teñen moito que ver co espacio e o universo. Mirade que como quedaron as mesas identificadas!

mércores

PRIMEIROS PASOS

Que sabemos do universo? SComo o imaxinamos? Sabemos como se creou? Onde podemos resolver todas as dúbidas? Estas son algunhas preguntas que temos que facernos para poder iniciar as nosas investigacións e traballos. Aquí tendes unha idea do que os nenos e nenas de 6 anos do colexio pensaban antes de poñerse mans á obra.

martes

CURIOSITY

A coñecida como Curiosity, do inglés 'curiosidade', é unha misión espacial que incorpora un astromóvil de exploración marciana dirixida pola NASA (un organismo dos Estados Unidos adicado á aeronáutica e ó espacio). Foi lanzado o 26 de novembro de 2011 e aterrizou en Marte o 6 de agosto de 2012. A súa misión consistirá en coller mostras de chan e pó rocoso marciano para o seu análisis. A duración da misión será dun ano marciano (1,88 años terrestres). Para saber máis: wikipedia ePáxina da NASA. Noticias nos xornais: europapress.eselpais.comelmundo.esabc.eslavozdegalicia.esPrimeiras fotosPrimeiros datosAterrizaxeDatos do robot.

mércores

A AVENTURA UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS


A Aventura Universal dos Dereitos Humanos é un xogo educativo infantil destinado a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos co obxectivo de dar a coñecer a Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Para xogar seguide o seguinte enlace:http://www.aventurauniversal.com/index.asp