xoves

FACENDO O SISTEMA SOLAR

 Logo de investigar e facer os seus traballos por grupos, os nenos e nenas de 3º A viñeron á biblioteca para facer os planetas e poñer en práctica todo o que sabían.
 Misturando a plastilina acadaron as cores que precisaban e cubriron as esferas con ela.
 Non é un traballo fácil!
 Mirade que ben coordinado está o equipo do "Planeta Terra".
 E aquí están Neptuno e Júpiter collendo forma.
 Os seus traballos formaran parte da ddecoración da biblioteca, pasade a ver o ben que quedaron!!!

luns

A AULA DAS ESTRELIÑAS

 Os nenos e nenas de tres anos teñen unha aula moi espacial. Os grupos nos que está organizada a aula teñen moito que ver co espacio e o universo. Mirade que como quedaron as mesas identificadas!

mércores

PRIMEIROS PASOS

Que sabemos do universo? SComo o imaxinamos? Sabemos como se creou? Onde podemos resolver todas as dúbidas? Estas son algunhas preguntas que temos que facernos para poder iniciar as nosas investigacións e traballos. Aquí tendes unha idea do que os nenos e nenas de 6 anos do colexio pensaban antes de poñerse mans á obra.