xoves

FACENDO O SISTEMA SOLAR

 Logo de investigar e facer os seus traballos por grupos, os nenos e nenas de 3º A viñeron á biblioteca para facer os planetas e poñer en práctica todo o que sabían.
 Misturando a plastilina acadaron as cores que precisaban e cubriron as esferas con ela.
 Non é un traballo fácil!
 Mirade que ben coordinado está o equipo do "Planeta Terra".
 E aquí están Neptuno e Júpiter collendo forma.
 Os seus traballos formaran parte da ddecoración da biblioteca, pasade a ver o ben que quedaron!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario